Akelarre

viernes 9 de mayo de 2008

 


A tradición popular coñece moitas maneira de converterse en meiga ou bruxo. En Galicia dise que a séptima ou novena filla dun matrimonio que tivese sete ou nove fillas seguidas, sen interpórse ningun varón, ha de ser fatalmente meiga...ë como un tributo que aquela familia tivese que pagar ó demo: este cobra a súa parte dos frutos do matrimonio. Outra maneira de convertirse en meiga neste país é por herdanza, unha meiga non pode morrer sen ter a quen deixarllle a bruxería, algunha outra muller ten que herdala. Do mesmo xeito, quen recite, aínda que sexa sen intención o "Padrenuestro das meigas" convirtese en bruxo...
Nas obras dos demonólogos mencionanse dous xeitos principais de ingresar na bruxería: a adxuración e a inscripción. A primeira consiste en recitar unha formula na que o postulante renega de Xesucristo. Unha delas e a seguinte: "Con isto entregome ó demo vivente, o cal debe protexerme e conservarme, non pertenzo máis a Yaveh". Outra é arrebolar ó mar unha campá, que Lucifer lles entrega, e decir: "Así como estes cachos non voltaran á campá, tampouco eu a Deus e os seus santos". Logo, o Diaño imprime ós novicios en calquera parte do corpo,preferentemente na parte sinistra, un sinal o stigma diabolicum, que ten a virtude de voltalos completamente insensibéls. A partir de aqui xa estan preparados para servir ó seu amo. A s diferentes clases de maleficios veñen enumeradas nalgúns libros sobre bruxeria. Os autores distinguen entre o maleficio chamado venéfico (de Venus) no que entrarian os filtros e sortilexios amatorios, e o malefico, consistinte en facer unha figura de cera á imaxe do que vai ser feitizado,bautizala e logo clavar alfileres nas partes que se lle queira facer dano. Empreganse tamén procesos de maxia negra en proveito propio, librarse de enfermedades, fuxir da xustiza. Por exemplo, para resistir a tortura sen cantar usabase o maleficio da taciturnidade; consistia en escribir nun pergamino certa palabras, despois raspar o escrito e beber as rapaduars nun vaso de viño. O ladrón que quixese entrar nunha casa sen ser descuberto, tiña que facerse cunha main de glorie, que era a man dun aforacado disecada. O que pretendia facerse invunerable, revestiase coa camisa de necesidade, texida con liño fiadopor unha doncela e fabricada na noite de Pascua de Resurrección, bordándolle no peito dúas cabezas barbudas, baixo a coroa do Rei dos Avernos...
Hoc est enim os de ossibus meis et caro de carne mea, et erunt duo in carne mea