Vicente Risco, 1ª parte

miércoles 7 de mayo de 2008

 

Dende que comencei o blog tiña en mente falar e ensalzar a figura de Vicente Risco, máis non sabia como o faria, se poñer unha breve biografía, un extracto da sú obra, ou falar simplemente do que significa para min. Asi que vou facer unha simbiose das tres cousas.
Nado en Ourense o 30 de setembro de 1884, despois de estudar dereito en Compostela, irá a Madrid a estudar Filosofia e Letras, onde é alumno de Ortega e acada o doutoramento. Ingresa no corpo de funcionarios de facenda. Son os seus primeiros anos como articulista onde firma con pseudónimos como Rajú Sahib e Polichinela.
En Madrid acude as tertulias de Pombo de Ramón Gomez de la Serna e relacionase cós vangardistas, rematados os seus estudos regresa a Ouresnse.
En Risco conxuganse tres facetas da súa personalidade e pensamento, que estaran sempre presentes ó longo da súa vida, que son o orientalismo, nacionalismo e o catolicismo tradicionalista. En 1918 redacta Las tinieblas de Occidente no que propón purificar a sociedade occidental por medio da espiritualidade de oriente.
O xove Risco estuda con entusiasmo a cultura oriental e o ocultismo. A súa fascinación hiperbólica por Rabindranath Tagore, fai que os seus achegados o alcumen Tagore. Lee a Paracelso, estuda o budismo, interesase póla teosofía de Elena Petrovna Blavatsky (da que falarei outro dia), de Mario Roso de Luna e de Rudolph Steiner, e asiste a ritos máis ou menos serios nos que coquetea cás drogas. No seu ensaio Nós, os inadaptados , ó recordar esta época de desprecio contra o vulgar, escribirá: "Éramos exotistas, partidarios do lonxano, do apartado, do descoñecido". Admiradores dos misterios da India, do Tíbet, da África central e das antigas civilizacións.

1 comentarios:

fandi dijo...

está claro!
viva Risco! o pai do nacionalismo galego.
non arreneguemos de ninguén (só do demo, que existe - arrenegado sexa -)
poden tachar a Risco de racista, de nacionalismo étnico, racial, pero a quen lle importa iso?
o fundamental é que el foi o primeiro teórico entorno ao nacionalismo galego!
grande vicente!