
En 1918 publica Teoría do nacionalismo galego, a súa primeira aportación ó galeguismo, no que adiantara os puntos centrais do pensamento nacionalista galego (o autoctono, non o mimetico do vascuence, que pululua hoxe en dia)
En compaña de Noguerol, Otero Pedrayo e Cuevillas, ós que máis tarde se unirian Castelao e Casal, funda a revista Nós. Risco foi o seu director, igual de intensa foi a súa colaboración no Seminario de Estudos Galegos, onde dirixe a Sección de Etnografía e Folclore. Risco relaciona a súa vocación de etnógrafo co seu espíritu nacionalista. Ingresa no galeguismo en 1917, ano que utiliza por primeira vez o idioma galego. Na Teoría do nacionalismo galego establece como peculiaridades, a terra, a raza, a fala, a organización social, a mentalidade e o sentimento, E cara ó futuro ve a Galicia desvinculada do europeísmo mediterraneo, que él considera intelectualista e xeométrico, para pasar a formar parte da civilización atlántica, espiritualista, antirracional e basada no romanticismo das nacións celtas.
A Galicia da que el fala NON inclue as masas urbanas, que estan intoxicadas pólo virus da cidade. A súa Galicia é a Galicia rural. Deixao ben claro en "A Coutada" novela publicada en 1926. A Coutada, símbolo da Galicia tradicional e precapitalista, é a aldea na que Eladio hereda unha casa. Intenta entón persuadir a súa muller de abandonar a vida na cidade póla da aldea, unha vida despersonalizada e rexida póla apariencia e os cartos en pról doutra máis feliz, natural e íntegra.
A sintonía de Risco coa vida tradicional tamén inclue o sentimento relixioso, como se percibe en Dedalus en Compostela (1927). Aquí, Compostela e símbolo da terra, da tradición e máis da fe, de forma que galeguismo e relixión aparecen unidos. Risco presentaos como tabla de salvación frente a decadencia do mundo capitalista.
O poco de pé, coa que entrei no marabilloso mundo de Risco, sal en 1928, é unha sátira da vida na cidade de Ourense, e da politica en xeral. Os dardos centranse no seu alcalde, Doon Celidonio, pero non deixa títere con cabeza. Incluso o oponente do alcalde, Bieito Alveiros, acaba atrapado póla vulgaridade. A historia acaba coaglorificación do heroe mentras, ultimo puyazo, arde a Biblioteca Municipal.
miércoles 7 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada